Os nenos e nenas de 3ºA e os de 4ºA foron celebrar o día de: As Letras Galegas 2016
e para iso foron decorar cuns fantásticos debuxos a praza de Manuel María en Moaña.
Moitas Felicidades polo bo traballo.
CARTA AOS NENOS, de Manuel María
Queridos nenos:Un servidor, que xa ten canas e un gran bigote* que lle comeza a pesar, vai para vello. Nas súas horas de soedade lembra a súa lonxana infancia campesiña. Desas lembranzas foron nacendo os versos que seguen. Os versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno. Versos que, por outra banda, non había na literatura galega e que tan precisos son. Eu quixera encher, en parte, ese oco. Perdoádeme si non acertei.
E moitas grazas a vós, nenos, a todos os nenos, cando escribín estes poemas volvín de novo á miña infancia. E coa lonxana música da miña infancia, que ía durmida dentro de min que despertou de novo, compuxen estes versos. Que sexan do voso agrado.
Voso amigo sempre,
MANUEL MARÍA
* Agora non levo bigote somentes. Levo bigote e barba entrecana.
E por último un traballo deito por 3ºA sobre o poema Galiza de Manuel María
Galicia Manuel María Fernández Galicia docemente está ollando o mar: ten vales e montañas e terras para labrar! Ten portos, mariñeiros, cidades e labregos cargados de traballos, cargados de trafegos! Galicia é unha nai velliña, soñadora: na voz da gaita rise, na voz da gaita chora! Galicia é o que vemos: a terra, o mar, o vento... ¡Pero hai outra Galicia que vai no sentimento! Galicia somos nós: a xente e maila fala ¡Se buscas a Galicia en ti tes que atopala!

